A lenda da illa de Ons

A lenda máis coñecida sobre esta illa conta a historia dun mariñeiro de Arousa que se encontraba destinado en África e escoitou en boca dun mouro unha historia sorprendente. Desvelou que na illa de Ons había unha fonte chea de caracoliños de ouro. Ao regresar acercouse ao lugar da illa descrito por aquela persoa, e encontrou os caracois dos cales viviu o resto da súa vida.
Hai que asegura que hai un tesouro defendido por trasnos.
Contan como os habitantes desta zona decidiron encontrar esta riquezas e decidiron cavar un túnel que os levaría directamente ata o tesouro pero cada vez que avanzaban un pouco máis as antorchas apagábanse inexplicablemente, ata que descubriron que eran trasnos que habitaban na illa e eran os que se encargaban de esconder o tesouro.


Outra historia cóntanos a amizade entre un xoven e unha serpe.
O xoven encontrou a serpe no monte mentres pastoreaba ao ganado.
O mozo e a serpe comezaron a compartir a comida e fóronse facendo amigos. O xoven tivo que marchar unha tempada e ao regresar o lugar encontrou un réptil inmenso.
A serpe que non o coñeceu lanzouse contra o rapaz e matouno.
Unha vez morto, o animal reconoceuno e debido a gran tristeza, a serpe lanzouse ao mar onde morreu afogada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario