As Burgas

A cidade de Ourense é coñecida principalmente polas augas termais, sobre todo polas Burgas.
Dise que as augas das Burgas xurden dun volcán en repouso, que se encontra en Montealegre.
Istes manantiais teñen unha temperatura de 70ºC e un caudal de 300 litros por minuto.


Unha lenda di que en Ribadavia vivía un ermitaño chamado Pedro que era admirado pola xente do lugar, e decíase que coñecía todos os segredos das augas subterráneas. Un día sentiuse enfermo e crendo que lle había chegado a hora sentouse á porta da súa casa a esperar á morte. Pero foi nese mesmo momento cando por diante pasou un xoven pastor e vendo que o ermitaño encontrábase mal prometeulle que volvería cun médico. Así o fixo, e o xoven e o home fixéronse moi amigos.
Unha xoven enamorouse do pastor que lle compraba alimentos cando pasaba polo lugar. A xoven ao darse de conta que non lle facía caso, vingouse del meténdolle o cáliz da igrexa, que roubara anteriormente, no peto.
Ela acusouno de ladrón e o pobo lapidouno ata a súa morte.
O ermitaño cando se enterou do ocurrido decidiu, como castigo, desviar as augas subterráneas de Ribadavia ata Ourense, onde aflorarían nos manantiais das Burgas.

Tamén se di que, os visitantes que toquen as augas das Burgas, casaranse e vivirán en Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario