Aquelarre

O parlamento de meigas ou noite de bruxas é como máis se coñece en Galicia. A secta ou sociedade secreta que forman a bruxas reúnense puntualmente cada sábado as doce da noite. Como aliados que son as bruxas e o demo, da esterilidade e da morte, senten atracción polos lugares áridos e desérticos.
Dise que o arenal de Coiro, cerca de Cangas e os montes de Allariz son uns dos puntos de reunión de bruxas máis coñecidos.
A cerimonia para acudir a esta cita leva o seu tempo, ante de partir as meigas poñían nos seus dedos unha especie de unto.
En Laias (Ourense) dise que este unto está feito de: graxa de porco, rabo de lagartixa, osos de defunto, e unto de sapo.



O demo en forma de macho cabrío preside a noite de bruxas. Co demo as bruxas manteñen relacións sexuais, beben viño, comen,  bailan e contan os maleficios o resto da noite. Estos encontros rematan ao aperecer a aurora. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario