O trasno

Se escoitan ruidos extraños pola noite que proveñen da cociña, se o berce móvese sen que ninguén este durmindo nel e se desaparecen obxetos da casa o máis probable e que na súa casa viva un trasno.
Dise que o trasno é baixo como un anano, leva un gorro vermello e as vaces barba. É astuto, rápido e ten o don da invisibilidade. Normalmente actúa pola noite, xa que a luz do día os espanta.
O seu medio natural son as casas rurais.
Outras lendas din que o trasno viste sotana, é un home alto con rabo e cornos e ten forma de animal.


As actividades que máis lle gusta levar a cabo son desfacer palleiros, facer ruído, espantar o gando, cambiar as cousas de lugar e despertar a xente, entre moitas outras. Hai trasnos que poden axudar en traballos agrícolas.
É case imposible librarse dun trasno, xa que se a familia cámbiase de casa o trasno os acompañará. A forma para librarse deles é arrebatándolles o seu gorro vermello, hai remedios relixiosos como botarlles auga bendita pero so desaparecerán un tempo.
A súa presenza ten unha parte positiva, por exemplo cando un paxaro pósase na rede dun mariñeiro crese que é un trasno e que ese día haberá unha boa pesca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario